jueves, 16 de mayo de 2013

AI EMPEZOU TODO

 No  1996, quedamos que si o domingo 8 non chovía os que quixeran nos víamos no Couto, á 8, a ver si dunha tirada íamos ata aló, faceno so 42 kms, seguindo a ruta que estaban facendo os ciclistas cun esquema en un folio, e os carteis que por aquel entón puxera o Concello de Narón, e a Asociación Oenach 13 que o facía a modo tradicional en 3 días con carro de bois e zocas

Chovía auga díos dar ata ben entrada a noite, pero como amaneceu sen auga, aló nos fomos:

Kati Piñón, Dani Touceda, Xan Ramírez, Lalo Durán, Juan Garrido, Javi Armada, Manolo Lopez (fallecido), e Jorge

Nos propuxemos, parar cada hora a picar e beber algo. Cando chegamos a Porto de Cabo, xusto cando entrábamos no pobo, pasaba a procesión da Patrona,  (a Virxe do Camiño)así que non tivemos mais remedio que poñernos a popa da mesma.

Comimos a beira do río, e fixemos os 15 kms despois da sesta.
A media tarde chegabamos a Teixido, e víamos que facía sen problema.

O problema veu 15 días despois, o 21, cando se convocou ós “I 50kms de Allariz”, como previo ós 100kms que querían facer, (en realidade unha circular de 50kms a traveso dos 8 concellos, imposibles de coordinar, cun fracaso organizativo, e un calor de 36 grados).

Voltamos de Allariz, coa idea de “nos o facemos mellor”

Así que decidimos, que o ano seguinte facíamos  a “I edición do camiño a Teixido”, pero a mediados de xuño, días de sol, non moi quentes, moitas horas de luz, poucas posibilidade de choiva, e…..faltábanos 8kms.

Montados no coche co contaqms a cero, empezamos a ir polo Couto, polígono Gándara, paseo Marítimo, ate o Porto: 8Kms...xa tiñamos a saída

No 1997, Allariz coa súa II, troca o concepto, e fai un trebore, sen saír do Concello para non depender de neguen, e a pasa para o derradeiro sábado de maio, escapando da calor, dende aquela nos 15 días despois, o segundo sábado de xuño.

Así en 1997, abrimos a convocatoria e topamos que hai uns 70 pirados- camiñantes saímos do porto, as 8 coa idea de facelo en menos de 12 horas, en réxime de cada un leva o seu, e un par de coches de apoio.

Comese xa na Capela da Fame, os tramos son case todos asfaltados, na zona de Narón e Valdoviño, e pistas de terra na Capelada. Aí empezamos esta historia



No hay comentarios:

Publicar un comentario